Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Complem. retributivos
Acreditación profesorado
Progresión Colaboradores
Normativa profesorado

A través da Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 17 de setembr de 2009, establécese o procedemento a seguir pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) para a emisión do informe previo á prorroga dos contratos das profesoras e profesores colaboradores das universidades públicas de Galicia, así como para a emisión da avaliación previa á adquisición do carácter indefinido dos referidos contratos, de conformidade co establecido no artigo 6 do Decreto 266/2002, de 6 de setembro, de contratación de profesorado universitario, e nos artigos 9 e 10 do Decreto 270/2003, de 22 de maio, regulador da ACSUG.

A letra b) do artigo 10 da citada Orde establece que a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), de conformidade coas competencias que ten atribuídas a través da disposición final primeira do Decreto 270/2003, de 22 de maio, na súa redacción dada polo Decreto 326/2009, de 11 de xuño, así como no artigo 23.2º dos estatutos da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobará os procedementos e protocolos que correspondan para a emisión dos informes e avaliacións, de acordo co establecido nos seus estatutos e demais normativa que resulte de aplicación.

Neste sentido, por parte da citada Comisión, aprobouse, mediante acordo de 2 de novembro de 2010, o correspondente protocolo de informe e avaliación previos á consolidación do profesorado colaborador.

Acceso a Aplicación Colaboradores

 


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal