|
|
CONVOCATORIA ORDINARIA 2011 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO POLOS CARGOS DE XESTIÓN.  Publícase hoxe, 27 de xaneiro de 2012, a Resolución do 10 de novembro de 2011, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá día 28 de xaneiro e termina o día 27 de febreiro de 2012.
Ampliar nova
|
|
CORRECCIÓN ERROS.- CONVOCATORIA ORDINARIA DO 2011 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO AO LABOR DOCENTE E AO LABOR INVESTIGADOR. • Publícase hoxe 11/01/2012 a corrección de erros relativa aos anexos da Resolución do 10/11/2011, que aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, publicada o 04/01/2012.
Ista rectificación fai referencia aos anexos incorporados á resolución publicada no DOG do 04/01/2012, pero non afecta ás instancias (anexos) emitidas pola aplicación informática, que se entenderán válidas a todos os efectos.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 10 de febreiro de 2012 |
|
VERIFICACIÓN DE MÁSTERES OFICIAIS DE AVOGACÍA E PROCURADORÍA. A REACU (Red Española de Agencias de Calidad Universitaria) publica o documento coas Orientacións para a elaboración das memorias de verificación de Másteres oficiais de avogacía e procuradoría. Nel se recollen as pautas básicas para a preparación de propostas de títulos universitarios oficiais de Máster relacionados co acceso ás profesións de avogado e procurador dos tribunais, tomando como referencia o establecido no Real Decreto 775/2011. |
|
CONVOCATORIA ORDINARIA DO 2011 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO AO LABOR DOCENTE E AO LABOR INVESTIGADOR. Publícase hoxe 4 de xaneiro do 2012 a Resolución do 10 de novembro de 2011, que aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 03 de febrero de 2012.
Ampliar nova |
|
CONVOCATORIA ORDINARIA 2011 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA CURRICULAR DOCENTE E INVESTIGADORA Con data 01 de decembro de 2011 publícase a Resolución do 10 de novembro, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes remata o día 31 de decembro de 2011.
Ampliar nova
|
|
CONVOCATORIA COMPLEMENTOS RETRIBUTIVOS AO LABOR DOCENTE, AO LABOR INVESTIGADOR E POLOS CARGOS DE XESTIÓN As convocatorias destes complementos saerán publicados proximamente no Diario Oficial de Galicia. |
|
SEMINARIO DE FORMACIÓN Co obxectivo de dar a coñecer os procedementos de avaliación da calidade do profesorado e das ensinanzas universitarias, ACSUG organiza un Seminario dirixido ao profesorado e estudantado do SUG, así como a profesionais dos distintos sectores empresarias, interesados en participar nos procesos de avaliación externa. O Seminario celebrarase os vindeiros 15 e 16 de novembro de 2011 nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Programa
Formulario de preinscrición
Ponencias |
|
CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN DE PROFESORADO E INFORME PREVIO Á CONTRATACIÓN EXCEPCIONAL DE COLABORADORES
Con data de 28 de setembro de 2011 publícase no DOG a Resolución do 19 de setembro de 2011 da ACSUG, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
Así mesmo, publícase a Resolución do 19 de setembro de 2011, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo para a presentación de solicitudes para ámbas as dúas convocatorias remata o día 7 de novembro de 2011.
Ampliar nova
|
|
DEVOLUCIÓN NA ACSUG DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS MÉRITOS CURRICULARES PRESENTADOS POLOS SOLICITANTES DAS CONVOCATORIAS DE 2004 E 2005 DE AVALIACIÓN E INFORME PREVIOS Á CONTRATACIÓN DO PROFESORADO UNIVERSITARIO.  Sae publicada no DOG do día 12 de xullo de 2011 a Resolución do 29 de xuño de 2011, do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, pola que se acorda a destrución da documentación xustificativa dos méritos curriculares presentados polos solicitantes que concorreron ás convocatorias de 2004 e 2005 de avaliación e informe previos á contratación do profesorado universitario, pola que se acorda a destrucción da documentación xustificativa dos méritos.
O PRAZO REMATA O 31 DE OUTUBRO DE 2011.
Ver a resolución de 29 de xuño de 2011. |
|
CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN DE PROFESORADO E INFORME PREVIO Á CONTRATACIÓN EXCEPCIONAL DE COLABORADORES: NOTIFICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS Infórmase a todos aqueles que presentasen ante a ACSUG a súa solicitude, de conformidade co establecido na convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia, así como na convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador, ámbalas dúas publicadas mediante as respectivas resolucións do 17 de decembro de 2010 (DOG de 29 de decembro de 2010), que todo aquel que o desexe poderá recoller a súa resolución, durante os días 16, 17, 20 e 21 de xuño, na sede da ACSUG, en horario de 9:00 a 14:00 horas. A partir do día 22 de xuño de 2011 procederase ao seu envío por correo postal. |
|
2ª convocatoria de Implantación do Programa DOCENTIA na USC: Xornada dirixida aos Comités de Avaliación O 27 de maio celebrouse na ACSUG unha xornada de formación dirixida aos membros dos Comités de Avaliación que participan na 2ª fase de Implantación do Programa DOCENTIA na Universidade de Santiago de Compostela.
Os obxectivos da xornada son dar a coñecer aos Comités o estado actual no que se atopa o Programa DOCENTIA a nivel galego e nacional, coñecer en detalle o manual de avaliación da actividade docente da USC e familiarizarse coa aplicación informática deseñada por ACSUG para o desenvolvemento deste programa.
|
|
Publicación da composición da Comisión de Asesores Expertos de avaliación do Programa especial do PDI da Universidade de Vigo Acordo da Comisión Galega de Informes, avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), do 10 de maio de 2011, polo que se publica a composición da Comisión de asesores expertos constituídos ao abeiro do Convenio Específico de Colaboración entre a Universidade de Vigo e o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia para a avaliación dos candidatos ao programa especial do PDI da Universidade de Vigo do 18 de decembro de 2008 en relación coa convocatoria do curso 2010/2011. |
|
PROGRAMA FIDES-AUDIT. 4ª CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN DO DESEÑO DOS SGIC Lánzase a cuarta convocatoria o día 12 de maio de 2011. O prazo de presentación de solicitudes de participación dos centros na mesma é ata o 6 de xuño. O prazo de presentación da documentación completa do SGIC do centro é ata o 19 de setembro de 2011. |
|
Publicación da composición dos comités de asesores expertos de acreditación previa á contratación de profesorado. Acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), do 29 de marzo de 2011, polo que se publica a composición dos comités de asesores expertos constituídos ao abeiro das resolucións do 17 de decembro de 2010, que aproban, respectivamente, a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á contratación de profesorado polas universidades de Galicia e a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador |
|
A ACSUG PARTICIPA NA CONFERENCIA “MODELING AND MEASUREMENT OF COMPETENCIES IN HIGHER EDUCATION” EN BERLIN. Os días 24, 25 e 26 de febreiro, ten lugar a conferencia internacional “Modeling and Measurement of Competencies in Higher Education” en Berlín na que a ACSUG participa coa presentación do póster titulado “Inserción laboral dos titulados no Sistema Universitario de Galicia. Competencias requeridas no traballo actual”. Expertos de distintos países e disciplinas presentarán e discutirán o estado internacional das investigacións relacionadas coa medida das competencias na Educación Superior. |
|
PROTOCOLO DE AVALIACIÓN PARA A VERIFICACIÓN DE TíTULOS UNIVERSITARIOS OFICIAIS No marco da “Red Española de Agencias de Calidad Universitaria” (REACU) elaborouse e aprobouse o “Protocolo de evaluación para la verificación de títulos universitarios oficiales”. Desta maneira dáse cumprimento ao requisito legal polo cal as axencias, que emiten informes de avaliación previos á verificación dos títulos oficiais, deben consensuar un protocolo común (Art. 24.3, RD 861/2010). Este protocolo céntrase nos criterios e directrices mínimos que cada proposta de título ten que conter e complementarase coas guías que cada unha das axencias desenvolva para abordar cun maior detalle o proceso de avaliación. |
|
XORNADA DE FORMACIÓN PARA O MANEXO DA APLICACIÓN RUCT DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN O próximo luns 1 de febreiro a ACSUG, en colaboración coa EGAP, celebrará unha xornada de formación sobre o manexo da aplicación RUCT do Ministerio de Educación para todo aquel persoal das universidades do SUG implicado na introducción de novas propostas de títulos oficiais ou modificacións dos plans de estudo xa verificados. Máis información |
|
AVALIACIÓN PREVIA CONTRATACIÓN PROFESORADO Acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) de 9 de novembro de 2010, polo que se aproba o protocolo de avaluación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia (SUG). |
|
|

   























 |
|
|