Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Inserción laboral
Docentia
Fides - Audit
Verifica

As tres universidades galegas iniciaron a súa participación nos procesos de avaliación institucional durante o PNECU, avaliándose entre 1996 e 2000 un total de 36 titulacións das cales 17 pertencen á USC, 9 á UDC e 10 á UVI.

Ao final do I PNECU avaliárase o 23,2% das titulacións en funcionamento, valor similar á media estatal, o que pon de manifesto o grande esforzo institucional realizado polas nosas universidades, a pesar da súa menor dimensión, destacando o grao de cobertura alcanzado no ámbito das Ciencias Experimentais na Universidade de Santiago, o de Humanidades na de Vigo e o de Ciencias da Saúde en A Coruña.

O PNECU foi xestionado integramente polo Consello de Coordinación Universitaria, que puxo a disposición das Universidades a Guía de Avaliación. A ACSUG realizou a posteriori un documento resumo cos datos correspondentes ao Sistema Universitario de Galicia titulado " Informe Final do Primeiro Plan Nacional de Avaliación da Calidade das Universidades no SUG, 1996-2000)". Tamén se publicou un resumo das propostas de mellora presentadas durante o PNECU, baixo o título "Propostas de Mellora. Plan Nacional de Avaliación da Calidade das Universidades".


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal