Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Inserción laboral
Docentia
Fides - Audit
Verifica

Tras a sinatura do convenio de colaboración subscrito en 2001 co Consello de Coordinación Universitaria, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia encargouse de xestionar na súa totalidade o desenvolvemento do II Plan de Calidade das Universidades na nosa Comunidade, o que supuxo un importante esforzo tanto a nivel organizativo coma de xestión.

En total (entre as dúas anualidades do II PCU) avaliáronse 53 titulacións pertencentes ao Sistema Universitario de Galicia, das cales 23 pertencen á Universidade da Coruña, 19 á Universidade de Santiago de Compostela e 11 á Universidade de Vigo.

As ferramentas utilizadas foron postas a disposición polo anterior Consello de Coordinación Universitaria, que publicou no ano 2002 a "Guía de Avaliación da Titulación" e a "Guía de Avaliación Externa".


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal