MISIÓN
A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) ten a misión fundamental de contribuír á mellora da calidade do Sistema Universitario de Galicia (SUG), para o cal se levan a cabo accións de elaboración de informes, avaliación, certificación e acreditación das actividades que desenvolven as universidades galegas, especialmente as relacionadas coa docencia, a investigación, a transferencia de coñecemento e a xestión.
A ACSUG serve de soporte constante de recollida e canalización de información entre as universidades galegas, outras institucións e axentes sociais, de modo que contribúe a que o SUG se manteña permanentemente actualizado e adaptado ás necesidades sociais cambiantes.
VISIÓN
A ACSUG pretende ser un referente canto á garantía de calidade das institucións de educación superior do SUG, e é recoñecida en Galicia, España e a nivel internacional pola súa independencia, transparencia e credibilidade.