Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia


O Sistema de Xestión Ambiental da ACSUG foi verificado positivamente segundo o Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS).

No mes de decembro de 2009 a empresa certificadora AENOR realizou unha auditoría externa para comprobar o cumprimento por parte da ACSUG dos requisitos do Regulamento EMAS. Como resultado, con data 13 de abril de 2010, o sistema de xestión medioambiental da ACSUG foi verificado de forma positiva, integrándose no (sistema xa existente). Posteriormente ACSUG foi inscrita no Rexistro Galego de Centros adheridos ao Sistema de Xestión e Auditoría Medioambiental, xestionado por cada comunidade autónoma en España.

Un dos principais requisitos que establece o Regulamento EMAS é a realización cunha periodicidade anual dun resumo da xestión ambiental dese período, plasmando esta información nun documento público denominado Declaración Ambiental.
22 de Julio de 2010
PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN “ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2006-2007”.

O martes día 6 de xullo ás 12:00 horas na sede da ACSUG ten lugar a presentación da publicación: ”ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2006-2007”. Esta presentación é realizada pola dirección da ACSUG e a Secretaría Xeral de Universidades.

Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica desde a ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: porcentaxe de titulados traballando, vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.
02 de Julio de 2010
A ACSUG PARTICIPA NA XUNTANZA DO GRUPO DE ASEGURAMENTO DA CALIDADE INTERNA DE ENQA EN LONDRES.

Os días 08 e 09 de xuño de 2010, ten lugar unha xuntanza de traballo en Londres, á cal asisten os membros do Grupo de Aseguramento Interno da Calidade (IQA Group) creado pola Asociación Europea para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ENQA). Este grupo, do que a ACSUG forma parte desde 2008, está formado principalmente por técnicos de calidade interna e externa das axencias membros de ENQA.

Este grupo creouse co obxectivo de compartir experiencias sobre prácticas no campo dos sistemas de xestión e da calidade interna e fomentar a colaboración entre as diferentes axencias neste ámbito.Unha das actividades que se levan a cabo cada ano é unha xuntanza xeral de todos os seus membros.

Este ano a xuntanza se realiza en Londres, para o cal ENQA conta coa colaboración da Quality Assurance Agency for Higher Education (QAA). Na planificación das xornadas inclúese a exposición de diversos temas, así como debates e traballo en grupos, onde un dos temas a discutir é unha ponencia da ACSUG sobre “Comunicación interna e externa nas axencias de calidade”.
08 de Junio de 2010
CRITERIOS E DIRECTRICES PARA A GARANTÍA DA CALIDADE NO O ESPAZO EUROPEO DE EDUCACIÓN SUPERIOR

A ACSUG realizou a adaptación do documento de Criterios e Directrices Europeos ao galego, contando coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña nos servizos de tradución.

A Europan Association for Quality Assurance in Higher Education (ENQA) aceptou incluír a versión en galego na súa páxina web.
15 de Abril de 2010
RESULTADOS AVALIACIÓN PREVIA PROFESORADO

Anúnciase que os interesados nas convocatorias relativas á avaliación previa a contratación polas universidades de profesorado contratado doutor, axudante doutor e profesorado de universidade privada, así como a relativa á emisión do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador, aprobadas ambas a través de sendas resolucións do 15 de decembro de 2009, poderán retirar a súa resolución na sede da ACSUG, dende o día 30 de marzo ás 11:00 horas, ate o día 7 de abril ás 14:00 horas. A partir desta data as resolucións serán enviadas por correo.
Recórdase que o horario de atención ao público é de 9:00 a 14:00 horas.
29 de Marzo de 2010
SORTEO DE MEMBROS DE COMISIÓNS DE SELECCIÓN DE PROFESORADO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

De conformidade co establecido no convenio de colaboración de 29 de maio de 2009, entre a ACSUG e a USC, anúnciase a celebración dos sorteos que terán lugar o 1 de marzo de 2010 as 12:00 horas, no salón de actos da ACSUG, (CIFP “Compostela”, Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 - Santiago de Compostela).
24 de Febrero de 2010
PROXECTO PILOTO DE SEGUIMENTO DE TÍTULOS OFICIAIS DE GRAO E MÁSTER CONVOCATORIA 2010

Ábrese a convocatoria para participar no Proxecto Piloto de Seguimento dos títulos oficiais de grao e máster.
19 de Febrero de 2010
XORNADA DIRIXIDA AOS COMITÉS DE AVALIACIÓN QUE PARTICIPAN NA IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA DOCENTIA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O 10 de febreiro celebrouse na ACSUG unha xornada de formación dirixida aos membros das Comités de Avaliación que participan na fase de Implantación do Programa DOCENTIA na Universidade de Santiago de Compostela.
12 de Febrero de 2010
XORNADA DIRIXIDA ÁS COMISIÓNS DE AVALIACIÓN QUE PARTICIPAN NA IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA DOCENTIA NA UNIVERSIDADE DE VIGO

O 14 de Xaneiro celebrouse na Universidade de Vigo unha xornada formativa dirixida aos membros das Comisións de Avaliación Docente (CAD) que participan na fase de Implantación do Programa DOCENTIA na Universidade de Vigo.
18 de Enero de 2010
PROGRAMA FIDES-AUDIT. 3ª CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN DO DESEÑO DOS SGIC

Os centros que participan na 3ª convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC contarán ata o 22 de febreiro de 2010 para presentar a solicitude de participación e ata o 31 de maio de 2010 para a presentación da documentación completa dos SGIC.


Convocatoria 2010


Ficha de solicitude
18 de Enero de 2010
CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN PREVIA Á CONTRATACIÓN DE PROFESORADO E INFORME PREVIO Á CONTRATACIÓN EXCEPCIONAL DE COLABORADORES


Con data de 30 de decembro de 2009 publícase a Resolución do 15 de decembro de 2009, da presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención da avaliación previa á contratación de profesorado universitario polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.



Así mesmo, sae publicada a Resolución do 15 de decembro de 2009, da presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a obtención do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador polas universidades do Sistema Universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.



O prazo para a presentación de solicitudes para calquera destas convocatorias remata o día 8 de febreiro de 2010.


Ampliar nova
30 de Diciembre de 2009
ACSUG É MEMBRO DE PLENO DEREITO DE ENQA

ACSUG superou con éxito o proceso de avaliación externa levado a cabo pola Asociación Europea para a Garantía da Calidade da Educación Superior (ENQA), organismo do que forman parte axencias de calidade de educación superior de 25 países europeos. O labor realizado pola ACSUG desde a súa creación no ano 2001 mereceu o recoñecemento por parte de ENQA, sendo ACSUG desde o 16 de novembro de 2009 considerada membro de pleno dereito de ENQA.Ampliar información
10 de Diciembre de 2009
PRESENTACIÓN PUBLICACIÓN

Presentación da publicación “ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2005-2006”.
Mércores día 25 de novembro ás 13:00 horas no III FORO DE EMPREGO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
19 de Noviembre de 2009
NOVO BAREMO

Acordo da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) do 10 de novembro de 2009, polo que se aproba o protocolo de avaliación e informe para a contratación de profesorado polas universidades integrantes do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
28 de Octubre de 2009
APROBACIÓN DO PROCEDEMENTO DE XESTIÓN DE ASESORES EXPERTOS

O pasado 30 de setembro de 2009 a Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación(CGIACA) procedeu á aprobación do procedemento de Xestión de Asesores Expertos.
26 de Octubre de 2009
REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DA CGIACA

Acordo da CGIACA do 30 de setembro de 2009, polo que, de conformidade co establecido no artigo 23 dos estatutos da ACSUG, se aproba o regulamento de funcionamento desta Comisión.
20 de Octubre de 2009
2ª CONVOCATORIA ORDINARIA DO 2009 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO AO LABOR DOCENTE E INVESTIGADOR.

Publícase hoxe 5 de outubro a Resolución do 24 de setembro de 2009, onde se aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
05 de Octubre de 2009
ACSUG, ANECA, AQU Catalunya e a CRUE entregan os certificados AUDIT

O próximo día 16 de setembro, ACSUG, AQU Catalunya, ANECA e a CRUE procederán á entrega dos certificados AUDIT, que se concede a aqueles SGIC cuxo deseño, tras ser avaliado, considérase ben definido, coherente coas directrices do programa e apoiado nunha estrctura organizativa capaz de implementalo, para garantir o cumprimento dos compromisos de calidade asumidos por parte das distintas universidades. Nesta primeira convocatoria recibirán o certificado AUDIT un total de 117 centros, correspondentes a 49 universidades. O acto, ao que asistirán numerosas autoridades académicas e representantes de axencias, contará tamén coa presenza de Felipe Petriz, director xeral de Política Universitaria do Ministerio de Educación.

Tríptico
11 de Septiembre de 2009
PROXECTO TEMPUS CANQA 2009-2011

ACSUG participa nun proxecto Tempus da Unión Europea relacionado coa Rede de Aseguramento da Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA). Este proxecto desenvolverase entre os anos 2009 e 2011.

(Ampliar noticia)
31 de Julio de 2009
AS AXENCIAS AUTONÓMICAS E ANECA PRESENTAN O INFORME DE CALIDADE NAS UNIVERSIDADES (2008)

O 15 de xullo, as axencias autonómicas e ANECA presentaron ante os axentes do sistema universitario o 'Informe sobre a avaliación da calidade nas universidades, 2008'. O acto tivo lugar no Hotel Holiday Inn (Madrid), foi presentado por Gemma Rauret e contou coa presenza de representantes de todas as axencias autonómicas de calidade. Este informe é o primeiro que se realiza de forma coordinada por todas as axencias de calidade, en cumprimento do seu compromiso de transparencia e rendición de contas.

20 de Julio de 2009
CONVOCATORIA ORDINARIA 2009 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA CURRICULAR

Con data de 29 de xuño de 2009 publícase a Resolución do 22 de xuño, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 29 de xullo de 2009.

Ampliar noticia
29 de Junio de 2009
MODIFICACIÓN DO DECRETO 270/2003, REGULADOR DA ACSUG

O venres 19 de xuño de 2009, saíu publicado no DOG o Decreto 326/2009, do 11 de xuño, polo que se modifican o Decreto 270/2003, do 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e o Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.

A ACSUG pon a disposición de tódolos interesados o texto consolidado do Decreto 270/2003.
22 de Junio de 2009
AMPLIACIÓN DO PRAZO DE ENTREGA DOS SGIC

Debido á coincidencia coa fase final da verificación de títulos, amplíase o prazo de entrega do deseño dos SGIC dos centros participantes nesta 2ª convocatoria do programa FIDES-AUDIT, ata o 15 de setiembre de 2009. ACSUG comezará o proceso de avaliación a medida que os centros remitan a documentación, sen esperar á finalización do prazo.
03 de Junio de 2009
VISITA DO COMITÉ EXTERNO DE ENQA Á ACSUG

Os días 18 e 19 de maio de 2009, o comité externo de ENQA, responsable da avaliación externa da ACSUG realizou a visita ás instalacións da ACSUG para comprobar in situ o cumprimento dos criterios e directrices europeos. O desenvolvemento da visita levouse a cabo segundo a planificación prevista, asistindo máis de 60 persoas ás xuntanzas co comité externo, incluíndo: todo o persoal da ACSUG, membros do Consello de Dirección, CGIACA, Consello Técnico, outros representantes das universidades, avaliadores e expertos externos, estudantes e grupos de traballo externos.

Nun prazo aproximado dun mes a partir da visita, o comité externo remitirá á ACSUG un primeiro borrador do informe externo que será analizado pola ACSUG para comunicar ao comité os comentarios e aclaracións que se consideren oportunos.
28 de Mayo de 2009
O Sistema de Xestión da Calidade e do Medio Ambiente da ACSUG é certificado por AENOR segundo as normas ISO 9001:2008 e ISO 14001:2004.

O sistema de xestión da ACSUG está certificado nas normas ISO 9001:2008 (xestión de calidade) e ISO 14001:2004 (xestión ambiental) desde o 13 de marzo de 2009 durante un período de tres anos. A empresa AENOR fixo entrega dos certificados á ACSUG de maneira simbólica o 15 de abril de 2009 nun acto celebrado nas instalacións da ACSUG en Santiago de Compostela.
29 de Abril de 2009
ENCONTRO COS ESTUDANTES DO SUG

O pasado 5 de marzo celebrouse na Aula Magna da Facultade de Matemáticas unha xornada dirixida aos estudantes do SUG baixo o título "Encontro cos estudantes do SUG: O importante papel do estudante na garantía da calidade"
18 de Marzo de 2009
CONVOCATORIA ORDINARIA 2009 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO POLOS CARGOS DE XESTIÓN.

Publícase hoxe 05 de marzo a Resolución do 09 de febreiro, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
05 de Marzo de 2009
PRESENTACIÓN DO AVANCE DE RESULTADOS DO “ESTUDO DE INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2005-2006”.

Presentación do avance de resultados do “Estudo de Inserción Laboral dos Titulados Universitarios no Sistema Universitario de Galicia 2005-2006”.
Sábado día 14 de febreiro ás 13:00 horas no FORUM ORIENTA, zona: SUG, EXPOCoruña (A CORUÑA).
12 de Febrero de 2009
1ª CONVOCATORIA ORDINARIA DO 2009 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO AO LABOR DOCENTE E INVESTIGADOR.

Publícase hoxe 9 de febreiro a Resolución do 22 de xaneiro de 2009, onde se aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
09 de Febrero de 2009
INFORMES DEFINITIVOS 2ª FASE- CONVOCATORIA PROGRAMA FIDES- AUDIT

A ACSUG remite ás universidades os informes finais cos resultados definitivos da Fase II da primeira convocatoria do programa FIDES-AUDIT de avaliación do deseño dos SGIC dos centros.
06 de Febrero de 2009
PROGRAMA FIDES-AUDIT. 2º CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN DO DESEÑO DOS SGIC

Os centros que participan na 2º convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC contarán ata o 27 de febreiro de 2009 para presentar a solicitude de participación e ata o 30 de xuño de 2009 para a presentación da documentación completa dos SGIC.
29 de Enero de 2009
ENCONTRO COS ESTUDANTES DO SUG

O 5 de marzo de 2009 a ACSUG, en colaboración cos vicerreitorados de Calidade e de Estudantes das tres universidades galegas, vai celebrar un Encontro cos Estudantes do Sistema Universitario de Galicia.

Este Encontro ten como obxectivo achegar aos estudantes do SUG á nova realidade froito do EEES e reafirmar o importante papel que han de xogar na súa construción.

Aqueles estudantes interesados en asistir ao Encontro poderán solicitar a preinscripción, desde o 20 de xaneiro ata 20 de febrero, neste enlace https://aplicaciones.acsug.es/xornada/.




Máis información

29 de Enero de 2009
AUDITORÍA EXTERNA DE PROTECCIÓN DE DATOS

Levouse a cabo na ACSUG unha auditoría externa por parte dun organismo autorizado, relativa ao cumprimento da normativa vixente en protección de datos. O resultado da mesma conclúe que a ACSUG realiza unha xestión adecuada e ten implantadas todas as medidas necesarias relativas á seguridade e protección de datos.

Cada dous anos se realizará unha auditoría para comprobar de manera periódica a adecuación das medidas e métodos de traballo implantados na ACSUG relativos a este tema.
18 de Noviembre de 2008
2ª CONVOCATORIA ORDINARIA 2008 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO AO LABOR DOCENTE E INVESTIGADOR.

Publícase hoxe 3 de setembro a Resolucion do 27 de agosto, onde se aproba a convocatoria ordinaria para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
03 de Septiembre de 2008
INFORMES DEFINITIVOS 1ª FASE- CONVOCATORIA PROGRAMA FIDES- AUDIT

A ACSUG remite ás universidades os informes cos resultados definitivos da Fase I da primeira convocatoria do programa FIDES-AUDIT de evaluación do deseño dos SGIC dos centros.
24 de Julio de 2008
CONVOCATORIA ORDINARIA 2008 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA CURRICULAR

Con data de 19 de xuño publícase a Resolución do 9 de xuño, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Non obstante, publicouse unha corrección de erros onde se modifica o prazo de presentación de instancias e en lugar de ser 30 días naturais pasan a ser 40 días; polo tanto, o prazo definitivo pecharase o día 29 de xullo.
20 de Junio de 2008
ENQUISAS WEB DE AVALIACIÓN DOS PROGRAMAS OFICIAIS DE POSGRAO 2008
Esta dispoñible o enlace para cubrir as Enquisas de avaliación correspondentes ao segundo cuadrismestre dos Programas Oficiais de Posgrao
19 de Junio de 2008
CONVOCATORIA PÚBLICA DE CATRO BOLSAS DE FORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE IMPLANTACIÓN DO PROGRAMA FIDES- AUDIT

O 15 de maio de 2008 publícase a Convocatoria pública de catro bolsas de formación sobre o proceso de implantación do Programa FIDES - AUDIT.
15 de Mayo de 2008
PROGRAMA FIDES-AUDIT.1º CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN DO DESEÑO DOS SGIC

Os centros que participan na II Fase desta 1º convocatoria de avaliación do deseño dos SGIC contarán ata o 15 de maio para a presentación da documentación.
15 de Mayo de 2008
APLICACIÓN DE ACREDITACIÓN DE PROFESORADO

Xa é posible acceder a aplicación de acreditación de profesorado, para modificar ou introducir os datos do curriculum vitae, correspondente á convocatoria que se abrirá a finais de maio/principios de xuño de 2008
12 de Mayo de 2008
CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN PARA A CONTRATACIÓN 2008

A través da Resolución do 19 de maio de 2008 (DOG do 27 de maio de 2008), apróbase a convocatoria ordinaria para a avaliación para a contratación como profesor universitario polas universidades integrantes do sistema universitario de Galicia e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 7 de xullo de 2008
08 de Mayo de 2008
AVALIACIÓN OU INFORME PARA A PROGRESIÓN E CONSOLIDACIÓN DOS PROFESORES COLABORADORES

Publícase o 5 de maio de 2008 a Orde do 22 de abril, pola que se regula o procedemento de avaliación ou informe para a progresión e consolidación dos profesores colaboradores do Sistema Universitario de Galicia, e pola que se poden presentar ante a ACSUG as correspondentes solicitudes.
06 de Mayo de 2008
CONVOCATORIA ORDINARIA 2008 PARA OS COMPLEMENTOS DE RECOÑECEMENTO POLOS CARGOS DE XESTIÓN

Publícase hoxe 28 de abril a Resolucion do 11 de abril, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento polos cargos de xestión e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.
28 de Abril de 2008
AVALIACIÓN DAS PROPOSTAS DE TÍTULOS OFICIAIS DE POSGRAO (3ª convocatoria)

Con data 21 de Xaneiro de 2008 reúnense os comités de avaliación externa dos programas oficiais de posgrao
18 de Enero de 2008
PROGRAMA FIDES-AUDIT:
1ª CONVOCATORIA DE AVALIACIÓN DO DESEÑO DOS SGIC


Os centros que participan nesta 1ª convocatoria de avaliación contarán con dúas posibles datas de entrega da documentación e consecuente avaliación. A primeira delas será ata o 15 de febreiro e a seguinte ata o 15 de maio.
18 de Enero de 2008
PRESENTACIÓN DAS MONOGRAFÍAS DAS EXPERIENCIAS PILOTO DO EEES

Con data 5 de decembro de 2007 celebrouse na sede da ACSUG o acto de presentación das publicacións das experiencias piloto de EEES das titulacións de:Bioloxía, E.T. en Obras Públicas, Psicoloxía, Matemáticas, Actividade Física e do Deporte, Informática, E.I. Ourense, E.I. Pontevedra, E.I. Lugo e E.I Didacticas específicas.
05 de Diciembre de 2007

 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal