|
|

PROXECTO TEMPUS CANQA 2009-2011
ACSUG participa nun proxecto Tempus da Unión Europea relacionado coa Rede de Aseguramento da Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA).
Os proxectos Tempus son uns programas da Unión Europea que teñen como finalidade impulsar o desenvolvemento dos sistemas de ensinanza superior. Por iso se establecen cooperacións entre os países membros da Unión Europea así como con outros países doutras zonas do mundo para compartir información e experiencias no ámbito da educación superior.
ACSUG, consciente da importancia de establecer vínculos e contactos con outros organismos e asociacións, decidiu implicarse de maneira activa no proyecto Tempus relacionado coa Rede de Aseguramento de Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA). Este proxecto, no cal participan representantes dos países de Tayikistán, Kazajstán e Kirguistán, ten unha duración trianual (2009-2011).
O proxecto CANQA ten como obxectivos fundamentais:
- Proporcionarlle aos participantes unha serie de parámetros, criterios e directrices sobre aseguramento da calidade interna e externa na educación superior.
- Desenvolver e dar soporte á Rede de Aseguramento da Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA).
- Creación dun rexistro de información sobre métodos e sistemas de acreditación centroasiáticos.
- Implantar centros de información sobre recoñecemento académico dentro das axencias de acreditación.
En relación con este proxecto, durante a semana do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2009, 15 representantes dos países antes citados asistiron na sede da ACSUG a un seminario de formación. Neste seminario, realizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), tratáronse varios temas: os criterios e directrices europeos para a educación superior; procedementos e sistemas de xestión de calidade internos e externos e tamén se describiron as principais actividades que realiza a ACSUG.
|