|

PRESENTACIÓN DA PUBLICACIÓN “ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2005- 2006” .
MÉRCORES DÍA 25 DE NOVEMBRO ÁS 13:00 HORAS NO III FORO DE EMPREGO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O mércores día 25 de novembro ás 13:00 horas na Facultade de Económicas e Empresariais do Campus Sur terá lugar a presentación da publicación da ACSUG: ” ESTUDO DA INSERCIÓN LABORAL DOS TITULADOS UNIVERSITARIOS NO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2005- 2006” . Esta presentación será realizada pola Secretaria Xeral de Universidades, xunto coa dirección da ACSUG. Posteriormente, realizarase unha comunicación onde se fará un AVANCE DE RESULTADOS do “ Estudo de Inserción Laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia 2006- 2007” .
Esta publicación está enmarcada dentro dos estudos de inserción laboral os titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica dende a ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.
|