|

AVALIACIÓN EXTERNA DA ACSUG POR PARTE DE ENQA
A avaliación externa planifícase de maneira conxunta pola ACSUG e por ENQA, establecendo un calendario a seguir. Desígnase por parte de ENQA a composición do comité de avaliación externo que se encarga da avaliación.
O informe de autoavaliación da ACSUG envíase ao comité de avaliación externo para que o analice e planificase a visita do comité á ACSUG para os días 18 e 19 de maio, establecendo unha planificación e calendario de reunións con diferentes órganos e grupos de interese do Sistema Universitario de Galicia.
Os días 18 e 19 de maio o comité externo de ENQA realizou a visita ás instalacións da ACSUG para comprobar in situ o cumprimento dos criterios e directrices europeos. O desenvolvemento da visita se levou a cabo segundo a planificación prevista, asistindo máis de 60 persoas ás xuntanzas co comité externo, incluíndo: todo o persoal da ACSUG, membros do Consello de Dirección, CGIACA, Consello Técnico, outros representantes das universidades, avaliadores e expertos externos, estudantes e grupos de traballo externos.
Nun prazo aproximado dun mes a partir da visita, o comité externo remitirá á ACSUG un primeiro borrador do informe externo que será analizado pola ACSUG para comunicar ao comité os comentarios e aclaracións que se consideren oportunos.
|