Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia



O sábado día 14 de febreiro ás 13:00 horas dentro da charla: “Os universitarios e o emprego: taxas de emprego, promoción no emprego, tempo de incorporación ao mercado laboral, estabilidade do emprego...” terá lugar a presentación dun AVANCE DE RESULTADOS do “ Estudo de Inserción Laboral dos titulados universitarios no Sistema Universitario de Galicia 2005- 2006” . Esta presentación levarase a cabo no FORUM ORIENTA 2009, ZONA: SUG, que se celebra no salón EXPOCoruña (A Coruña).

Este estudo está enmarcado dentro dos estudos de inserción laboral aos titulados universitarios no Sistema universitario de Galicia que se levan a cabo de forma periódica dende a ACSUG. Os resultados obtidos neste estudo proporcionan información sobre os aspectos relacionados coa transición da educación universitaria ao mercado laboral: vías de busca de emprego, factores valorados na contratación, tempo en atopar emprego, tipo de contrato e as competencias máis requeridas no emprego.


 


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal