|

Está dispoñible o enlace para cubrir as enquisas de
avaliación dos POP correspondentes o segundo cuadrimestre.
O acceso á aplicación farase a través do banner situado á
dereita da páxina da ACSUG, chamado "Enquisas POP/Master" ou a través do
seguinte vínculo:
https://aplicaciones.acsug.es/enquisas.html
Os colectivos aos que van dirixidas as enquisas son:
1. Estudantes
2. Profesorado
Estan elaboradas en base aos seguintes criterios:
1. Escala de valoración que vai de 1 ao 7, tendo en conta que
o 1 significa que está “totalmente en desacordo” co expresado no enunciado e o 7
indica que esta “Totalmente de acordo”.
2. Cada usuario cubrirá unha enquisa xeral e outra por cada materia que reciba
ou que imparta.
3. As enquisas dirixidas aos estudantes son de catro tipos. Tres constitúen as
enquisas xerais: planificación e desenvolvemento do ensino, servizos
de apoio ao estudante e recursos de apoio ao ensino e cubriranse unha
por cada título. A cuarta, é específica (actividade docente do profesorado)
de cada materia tendo que cubrirse unha por cada profesor/a e materia na que o
alumno esté matriculado.
4. As enquisas dirixidas ao profesorado son de catro tipos. Tres constitúen as
enquisas xerais: planificación e desenvolvemento do ensino, servizos
de apoio ao estudante e recursos de apoio ao ensino e cubriranse unha
por cada título. A cuarta é especifica do grupo de estudantes e cubrirase
unha por cada grupo de estudantes ao que o profesor/a imparta clase.
Cartel jpg
Tríptico
jpg ( página 1)
jpg ( página 2)
|