Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Complem. retributivos
Acreditación profesorado
Progresión Colaboradores
Normativa profesorado

Cumprimentación das solicitudes e o curriculum vitae.

As solicitudes e o curriculum vitae cubriranse en formato dixital, aos que se poderá acceder a través deste enlace.

Unha vez cubertos estes documentos en formato dixital, imprimiranse e presentaranse do xeito que se indique nas correspondentes convocatorias

Xustificación dos méritos curriculares.

A documentación xustificativa dos méritos curriculares presentarase en soporte dixital (DVD, CD-ROM). A orde de presentación da mesma deberá coincidir coas epígrafes do curriculum vitae. Achegaranse dúas copias desta documentación dixitalizada, con independencia do número de figuras contractuais para as que se solicite a avaliación.

A ACSUG poderá solicitar ao interesado os orixinais ou copias compulsadas desta documentación en calquera momento previo á resolución das solicitudes. Tendo en conta que os solicitantes asinan unha declaración respecto da veracidade dos datos que fai constar na instancia e no Curriculum Vitae, así como de toda a documentación xustificativa que xunta á solicitude, aqueles asumirán as responsabilidades que se puidesen derivar das inexactitudes que consten nestes documentos.

Os xustificantes achegados deberán acreditar axeitadamente a realización dos méritos curriculares alegados. Sen prexuízo do anterior, á ACSUG poderá establecer nas correspondentes convocatorias, que determinados méritos se xustifiquen dun xeito específico.


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal