Destinatarios da avaliación previa á contratación como profesorado contratado doutor, axudante doutor e de universidade privada:
Poderán solicitar a emisión desta avaliación aquelas persoas que estean en posesión do título de doutor.
A pertenza ao corpo de catedráticos de universidade e profesores titulares de universidade ou a situación administrativa e académica de atoparse acreditado para estes corpos, implicará a cualificación automática para poder ser contratado polas universidades de Galicia en calquera destas tres figuras.
A obtención da avaliación positiva da ACSUG para a figura de profesorado contratado doutor implicará a cualificación automática para poder ser contratado polas universidades de Galicia nas figuras de profesorado de universidade privada e axudante doutor.
A avaliacións positiva obtida na ANECA implicará a cualificación automática para poder ser contratado polas universidades de Galicia, nas figuras en que se obtivesen a avaliación positiva.
Destinatarios do informe previo á contratación excepcional de profesorado colaborador:
Poderán solicitar a emisión deste informe aquelas persoas que estean en posesión do título de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
A obtención da avaliación positiva da ACSUG para a figura de profesorado contratado doutor implicará a cualificación automática do informe previo á contratación excepcional de profesores colaboradores, sempre que se estea en posesión do título de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.
A obtención do informe favorable previo á contratación excepcional de profesores colaboradores pola ANECA, implicará a cualificación automática para poder ser contratado polas universidades de Galicia nesta figura, sempre que se estea en posesión do título de diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.