 |
Corresponden ao Consello de Dirección as seguintes funcións:
- Aprobar a programación anual de avaliación de acordo coas propostas da Administración e das respectivas universidades.
- Aprobar a metodoloxía de avaliación que se aplicará e as modificacións e perfeccionamiento que progresivamente considere conveniente incorporar.
- Aprobar os informes sobre os resultados das avaliacións efectuadas e a memoria anual das actividades da Axencia.
- Aprobar o presuposto da Axencia, así como o balance e a conta de resultados.
- Aprobar, se procede, os regulamentos de orde interno e de funcionamento das diversas actividades e programas que inicie a Axencia.
- Os acordos de adquisición, de alienación e de gravamen dos bens inmobles e mobles que pasen a integrar o patrimonio da Axencia.
- Aprobar os proxectos de obras, instalacións e servicios.
- Acordar as operacións de crédito e as operacións de tesourería.
- Aprobar as variacións presupuestarias, de habilitación e suplemento de crédito durante o exercicio, en función dos dereitos recoñecidos a favor da Axencia. Doutro modo, se necesitará a autorización das entidades consorciadas.
- Determinar os criterios de ordenación de pagos e fixar as funcións do presidente e do director na xestión económica da Axencia, cando non estén expresamente atribuídas polos presentes estatutos.
- Fixar as retribucións do presidente, do director e, se procede, do secretario, así como das axudas de coste polas asistencias doutros membros.
- Aprobar os contratos que deba formalizar a Axencia con personas físicas ou xurídicas, no marco dos obxectivos dos presentes estatutos, así como os convenios.
- Exercer todo tipo de accións, recursos e reclamacións xudiciais e administrativas en defensa dos dereitos e os intereses da Axencia.
- Adoptar as medidas axeitadas para a mellor organización e funcionamiento da Axencia.
- Aprobar a admisión de novos membros no Consorcio e a modificación dos seus estatutos, dacuerdo co que se prevé no artígo 18º.2 dos estatutos da Axencia.
- Acordar a disolución e a liquidación do Consorcio, dacuerdo co que se establece nos seus estatutos.
- Propoñer, a través da Dirección Xeral de universidades, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria os prezos públicos para a prestación de servizos que ofrece a Axencia que deban ser remunerados. A proposta dos prezos será aprobada dacuerdo co procedemento previsto na normativa vixente sobre tasas e prezos públicos da Xunta de Galicia.
- Calquer outra función non atribuída expresamente aos restantes órganos de goberno da Axencia.
|
|