Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
Complem. retributivos
Acreditación profesorado
Progresión Colaboradores
Normativa profesorado

COMPLEMENTOS RETRIBUTIVOS: REGULACIÓN

Complementos retributivos do profesorado contemplados na LOU

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que as comunidades autónomas poderán establecer, artigo 55 (persoal docente e investigador contratado) e artigo 69 (persoal docente e investigador funcionario),retribucións adicionais vencelladas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión.

Decreto autonómico

En desenvolvemento destes dous artigos, publicouse o Decreto 55/2004, de 4 de marzo, (texto consolidado, de acordo coa redacción dada polo Decreto 326/2009 do 11 de xuño) polo que se establecen as retribucións adicionais vencelladas a méritos individuais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario, co obxecto de establecer o réxime destes complementos retributivos autonómicos para o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas de Galicia.

A través do Decreto 55/2004 establécense catro tipos de complementos:

1- Complemento de recoñecemento ao labor docente.
2- Complemento de recoñecemento ao labor investigador.
3- Complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.
4- Complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

A través da Orde do 16 de abril de 2004, publícase o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar:

1 . O complemento de recoñecemento ao labor docente.
2. O complemento de recoñecemento ao labor investigador.

Finalmente, por Orde do 16 de outubro de 2006 (DOG de 26 de outubro), complétase o desenvolvemento normativo dos complementos autonómicos, ao aprobarse o protocolo de avaliación elaborado pola CGIACA, relativo aos criterios e méritos de valoración, e aos procedementos para solicitar a valoración previa á asignación de:

1. O complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora.
2. O complemento de recoñecemento polos cargos de xestión.

 


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal