 |
O 19 de xuño de 2009 o DOG publicou o Decreto 326/2009, do 11 de xuño, polo que se modifican o Decreto 270/2003, de 22 de maio, regulador da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Nese decreto establécese que a CGIACA , como órgano superior de avaliación da ACSUG exercerá, con total independencia, as funcións de emisión de informes, avaliación, certificación e acreditación que teña atribuídas a ACSUG.
A composición da CGIACA deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia e estará constituída polos seguintes membros:
a).- A presidenta ou presidente, que será nomeado pola persoa titular do departamento que teña atribuídas as competencias en materia de universidades, entre persoas de recoñecido prestixio no ámbito universitario de Galicia, a proposta do Consello de Dirección da ACSUG.
b).- Seis vogais elixidos polo Consello de Dirección da ACSUG , nomeados a través da presidenta ou presidente deste, de entre destacados membros da comunidade académica e científica.
c).- A directora ou director da ACSUG con voz e sen voto, que actuará como secretaria ou secretario.
A Comisión poderá contar para o exercicio das súas funcións, cos distintos Comités de Asesores Expertos que ela mesma constitúa, para o que deberá determinar a súa composición, o seu réxime de funcionamento e os requisitos e o procedemento de designación.
O regulamento de funcionamento, os distintos procedementos e protocolos de avaliación, informe e certificación que aprobe e as normas reguladoras da composición, réxime de funcionamento, requisitos e procedemento de designación dos Comités de Asesores de Expertos, aprobados pola CGIACA , deberán ser públicos.
Regulamento de funcionamento da CGIACA
Composición:
Presidente:
Vocais:
Secretario:
|
|
 |
ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174 aviso legal
|