Galego Español English Universidade da Coruña Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Vigo Xunta de Galicia
ENQA
EQAR
Proxecto TEMPUS CANQA

PROXECTO TEMPUS CANQA 2009-2011

     ACSUG participa nun proxecto Tempus da Unión Europea relacionado coa Rede de Aseguramento da Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA).

     Os proxectos Tempus son uns programas da Unión Europea que teñen como finalidade impulsar o desenvolvemento dos sistemas de ensinanza superior. Por iso se establecen cooperacións entre os países membros da Unión Europea así como con outros países doutras zonas do mundo para compartir información e experiencias no ámbito da educación superior.

     ACSUG, consciente da importancia de establecer vínculos e contactos con outros organismos e asociacións, decidiu implicarse de maneira activa no proyecto Tempus relacionado coa Rede de Aseguramento de Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA). Este proxecto, no cal participan representantes dos países de Tayikistán, Kazajstán e Kirguistán, ten unha duración trianual (2009-2011).

     O proxecto CANQA ten como obxectivos fundamentais:

•  Proporcionarlle aos participantes unha serie de parámetros, criterios e directrices sobre aseguramento da calidade interna e externa na educación superior.

•  Desenvolver e dar soporte á Rede de Aseguramento da Calidade e Acreditación de Asia Central (CANQA).

•  Creación dun rexistro de información sobre métodos e sistemas de acreditación centroasiáticos.

•  Implantar centros de información sobre recoñecemento académico dentro das axencias de acreditación.

     En relación con este proxecto, durante a semana do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2009, 15 representantes dos países antes citados asistiron na sede da ACSUG a un seminario de formación. Neste seminario , realizado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), se trataron varios temas: os criterios e directrices europeos para a educación superior; procedementos e sistemas de xestión de calidade internos e externos e tamén se describiron as principais actividades que realiza a ACSUG.

     Continuando con esta actividade, ACSUG participou na conferencia internacional “Modernization of internal and external quality assurance systems in higher education in Central Asia”, entre os días 14 e 16 de decembro de 2009 en Dushanbe (Tayikistán). Nestas xornadas , realizáronse diversas actividades de formación, fíxose un seguimento do proxecto no año 2009 e planificáronse as accións a levar a cabo no 2010.

Entre os días 19 e 21 de novembro de 2010 tivo lugar a seguinte reunión anual de revisión do proxecto na cidade de Almaty en Kazajstán. Nesta reunión planificáronse diversas actividades , incluíndo unha presentación sobre a experiencia de ACSUG en procesos de aseguramento externo da calidade e acreditación. Realizouse tamén unha revisión e seguimento do proxecto durante o año 2010 y planificáronse as accóns a realizar no 2011, último ano do proxecto.

 

 


 ACSUG :: Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
Rua Lamas de Abade s/n 15702 Santiago de Compostela Tfno: 981534173 Fax: 981534174
aviso legal